venres, 11 de febreiro de 2011

CONCURSOS POR SAN VALENTÍN

Dende o C.P.I. da Baña chegounos a idea de organizar uns concursos por San Valentín.
O concurso "E ti, a quen queres máis? está dirixido aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria. É un concurso de debuxo así que xa sabedes rapaces!!! Manos á obra!!! A ver cantos Picasos temos en San Cosme.


O Concurso "Declaracións de amor con Humor" está dirixado aos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria. Aquí xa hai que esmerarse coa literatura. Teremos algún Lope de Vega por San Cosme?? Ímolo ver. Veña rapaces pensade en quen vai a ser a vosa inspiración!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario