martes, 8 de marzo de 2011

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.

Hoxe fai 100 anos que se celebrou por primeira vez o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLODORA.
Esta celebración tivo lugar en varios países europeos e reuniu a máis dun millón de mulleres que reclamaban, entre outras cousas, o seu dereito ao voto e a non ser discrinadas profesionalmente por razóns de xénero.
A editorial Anaya quixo render homenaxe ás mulleres coa publicación de estes dous libros:

 
-"Ellas hicieron historia" (a partir de 8 anos)
-" Mi primer libro sobre ellas" (a partir de 5 anos)
Ambos escritos por Marta Rivera de la Cruz e ilustrados por Cecilia Varela.

Nestos dous libros, Marta Rivera de la Cruz acercanos a unha serie de mulleres, algunhas moi coñecidas e outras inxustamente esquecidas, que xogaron un papel importante na loita por conseguir a igualdade de dereitos. Cunha linguaxe asequibel e unha prosa fluida, a autora mostranos o longo camiñoo que as mulleres iniciaron para que ninguén fose discriminado por razóns de xénero. Un camiño que aínda no está rematado e que, grazas a mulleres admirabels como as que protagonizan este libro, conduciranos a un mundo máis xusto.
Coñeceredes a mulleres da talla de: a Condesa de Benavente (ilustrada e amante das artes), Clara Campoamor (loitadora sufragista), María Moliner (pioneira universitaria), Maria Zambrano (filósofa), Matilde Montoya (primeira universitaria mejicana) Anäis Napoleón (pioneira da fotografía en España), María Guerrero (actriz recoñecida internacionalmente) ou a nosa Rosalía de Castro, escritora.

A Editorial Thule proponnos un fermoso album ilustrado: ¿Hay algo máis aburrido que ser un princesa rosa? da ilustradora sevillana Raquel Díaz.
Contanos a historia de Rosa, unha pequena princesa inconformista que soña con outra realidade distinta á que lle ven dada pola tradición dos contos.

Edicións Embora publica O país dos mandóns de Paloma Rodríguez e Cristina Justo. No País dos Mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. O cambio destas normas tan inxustas para crear o novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.

A Editorial Kalandraka publicou O libro dos porcos, un fantástico álbum ilustrado que nos presenta unha nai como tantas, cun home e uns fillos que, compracidos e esixentes, estomballados no sofá, teiman en convertela cada día nun ser invisíbel e sen rostro que traballa sen descanso. Ata que decide marchar. Disfrutádeo!!!

O libro dos porcos from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario