domingo, 9 de outubro de 2011

SEMANA MUNDIAL DA LACTANCIA MATERNA

Esta semana que acaba de rematar (do 2 ao 9 de outubro) celebrouse a Semana Mundial da Lactancia  Materna. Para conmemorar esta data queremos recomendarvos 3 libros moi especiais:


O primeiro deles é un libro recentemente publicado por a Editorial OQO.      A súa autora chámase Charo Pita, e xa a coñecemos por outras obras que temos na biblioteca (Velliñas, Igor, O Arco da Vella). Fala dun neno pequeno que queda a cargo dun bebé que seica ten fame pero ao que non sabe como alimentar, ata que chega a nai do bebé e encárgase del do mellor xeito posible. Fermoso conto para achegar algo tan natural e "máxico" aos máis peques.

As mulleres, ás veces, inquíetanse ao saber que van a ter un bebé e mentras agardan ven o mundo con ollos distintos. Teñen ganas de ser fonte e deciden entón que o seu corpo sexa a fonte da que brote nova enerxía dando fonte ao seu recién nacido. Este fermoso libro está escrito por outra escritora galega ben coñecida por nós: Teresa Moure e ilustrado por un dos nosos ilustradores favoritos: Leandro Lamas.

E o último tamén é de Teresa Moure. Conta a simpática voz dun bebé que dende que viu a súa nai, soubo que se ían querer porque dende o primeiro momento ela entendeuno. Narra o namoramento dunha madre e o seu fillo, as visitas e o momento central: cando a mamá lle da de mamar ao neno. Outro libro ilustrado por Leandro Lamas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario