xoves, 20 de decembro de 2012

CALENDARIO 2012-2013

Xa está rematado o noso novo calendario elaborado con traballos feitos por os nenos e nenas sobre as culturas dentro do proxecto integrado deste ano sobre as culturas do mundo.
Esperamos que vos guste!!


domingo, 16 de decembro de 2012

CARTA AO APALPADOR: a nosa Guía de Lectura Nadal 2012

Ola a todos!!!
Estamos a piques de comezar as vacacións de Nadal e como sempre andamos estresadísimos coas avaliacións, os concursos de postais, as actuacións para o festival....
Pero a biblioteca, como todos os anos, non se olvida de que tamén tedes présa por escribir esa carta tan importante que faga realidade os vosos desexos, non sí??
Este ano pensamos en escribirlle unha carta ao noso bequerido APALPADOR. Lembrádesvos del???

Pensamos que ao mellor non está tan ocupado como os Reis Magos e como Papá Noel, é pode cumprir mellor os nosos desexos. Que vos parece?
Pois aquí tedes a carta xa preparada. Tan só tedes que marcar nela os vosos "pedidos". Escollede ben porque ahí están as lecturas máis especiais para este nadal. Ah!! Tamén vai un pouquiño de música!!!

                              Open publication - Free publishing
Se a queredes imprimir facédeo desde aquí

Tamén os deixamos aquí un folleto para que lembredes quen é o Apalpador:

                             Open publication - Free publishing - More nadal


E por último, acaban de chegarnos estes VÍDEOS:







DISFRUTÁDEOS DE TODOS ESTES RECURSOS!!!

xoves, 13 de decembro de 2012

12-12-12 # recitandocelsoemilio

       Hoxe 12 do 12 do 2012 ás 12:00 da mañá tiñamos unha cita na biblioteca. Estabamos de celebración!
      Hoxe cumpríase o centenerio do nacemento do poeta celanovés CELSO EMILIO FERREIRO, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX.
     Desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propuxéronos, a todos os centros educativos de Galicia, renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolizase toda a forza e enerxía que transmmite a súa palbra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.
       O obxectivo central era manter viva a memoria dun dos grandes poetas galegos do século XX a través da posta en valor dun dos seus poemas máis emblemáticos "DEITADO FRENTE AO MAR"; así mesmo, desexabamos manifestar, dun modo lúdico e masivo, o noso compromiso cívico cara a língua galega, porque sí, porque nos peta.
E aquí está a nosa aportación grabada dende a nosa biblioteca. Disfrutádea!!

Queremos dar as grazas dende aquí á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) por facernos esta fermosa proposta e por coordinar todas as actividades da homenaxe. 
Tamén queremos dar as grazas á profe Susi por coordinar esta actividade no noso centro.