sábado, 2 de febreiro de 2013

A NOSA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

      Este ano para a celebración do DÍA DA PAZ, reunímonos todos no corredor no centro. Non puidemos saír porque caían chuzos de punta.
   Fragmentamos unha pomba de Picasso entregando un fragmento a cada clase. Cada clase podía decorarlo como quixese e engadir a palabra paz no idioma da cultura que están estudando na aula dentro do noso proxecto "Onde os libros te leven". Volvemos construir a nosa pomba entre todos nun acto que para nós simbolizaba a frase "A paz constrúese entre todos" e logo cantamos a canción "Apertas de voan " de Paco Nogueiras e rematou así o día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario