martes, 27 de xuño de 2017

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Pois coa celebración dun festival despedimos este curso 2016-17 e, como non podía ser doutra maneira, con música!!! E xa que nesta ocasión foi tamén a música a protagonista do proxecto anual deste curso, pensamos que estaría moi ben telo en conta para pechar a nosa Musiteca. Por ese motivo, cada grupo elixiu un conto sobre o que aprendeu unha canción que interpretou no festival. Pero tamén quedou oco para facer outras cousiñas que nos foron anunciando as/os magníficas/os presentadoras/es de 6º: bailes que montaron en pequenos grupos algunhas das alumnas e alumnos no seu tempo libre, cancións moi divertidas, acompañamentos instrumentais de temas coñecidos por todos nós, unha canción preparada polo profesorado, e mesmo unha representación teatral na que o gran protagonista foi Alejandro Villar!!! 
Coas imaxes e os vídeos desta xornada despedímonos de todos vós, desexándovos que pasedes un BO VERÁN e que vos carguedes ben de ENERXÍA para comezar en setembro unha nova aventura!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario