mércores, 25 de outubro de 2017

RECIBIMOS A VISITA DE PAKOLAS

Paco Cerdeira é un músico cunha longa traxectoria. Entre outras cousas, formou parte do grupo Mamá Cabra, e na actualidade é un dos integrantes de A Gramola Gominola, pero tamén ten un proxecto individual que presenta baixo o nome de PAKOLAS. Esta mañá estivo no cole, presentando un espectáculo musical que nos fixo pasar unha fermosa xornada na que, ademais, celebramos o "Día da Biblioteca". Recibímilo na biblioteca, onde leu para todos nós o pregón escrito por Alejandro Palomas para a ocasión. E despois, música!!! "O Furafollas", o "Monstro Antón", "Baldomero o Mero", "A Quenlla Madrugadora", "Mac Pac" ou "Campión Internacional" foron algunhas das cancións que interpretou, e entre as cales Pakolas foinos amosando algúns dos libros nos que se inspirou para compoñer os temas. E tamén nos presentou algún instrumento que chamou moito a nosa atención: o theremin e un sintetizador portátil ao que lle fixo un armazón con forma de guitarra que nos pareceu unha auténtica marabilla!!!!
Pasámolo moi ben e dende aquí queremos agradecer a Paco que viñera compartir connosco esta mañá de festa, esperando volver desfrutar da súa música en vindeiras ocasións.
Se queredes recordar algunha das cancións de Pakolas, podedes ver o seguinte vídeo:


 Para ver as fotos da súa actuación no cole, premede AQUÍ.
E se queredes saber máis de Pakolas, visitade a súa páxina: https://pakolas.com/

luns, 23 de outubro de 2017

A BIBLIOTECA TAMÉN É UN DESTINO TURÍSTICO

Rosiña realizou un vídeo para celebrar o Día da Biblioteca. Este curso, que adicamos ao turismo e o patrimonio cultural, quixemos ter en conta as bibliotecas como destino turístico. Realmente son poucas as bibliotecas que están incluídas nas ofertas de viaxes organizadas, pero como veredes hai moitas que merece a pena coñecer, mesmo que se atopen noutro país!!!

DÍA DA BIBLIOTECA 2017


Desde hai 20 anos, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, recordando así a destrución da Biblioteca de Saraxevo incendiada no ano 1992 durante a Guerra dos Balcáns. 
O pregón deste ano foi encargado a Alejandro Palomas (Premio Nacional de Literatura Infantil 2016) e o cartel ao ilustrador Manuel Marsol (gañador do último Premio Internacional de Ilustración Feira de Bolonia-Fundación SM).
O cartel acompaña este texto, e o pregón tamén volo quero deixar aquí dispoñible, para que poidades lelo e relelo as veces que queirades:



"COMO MARY POPPINS, PERO SIN VOLAR"

Soy sobrino de bibliotecaria. Desde que tengo memoria, mi tía, que acaba de cumplir ochenta años, me ha regalado un libro el día de mi cumpleaños. Primero fue la serie de "Osear", con su Kina y su láser, de la gran Carmen Kurtz; llegaron después las aventuras de "Los Cinco", algunos clásicos ilustrados, la gran "Nada" de Carmen Laforet… La lista es larga y el disfrute ha sido mágico, porque mi tía entiende la lectura como algo que cura, que aleja al inocente de lo que agrede, y yo -y ella lo sabe- siempre he sido demasiado vulnerable a lo que daña, sea o no imaginado, sea o no real.

Mi tía se llama Nuria y desde niña sufre mucho de la vista. Aun así, trabajó durante décadas fomentando el amor por la lectura en hombres y mujeres, chicos y chicas a los que no conocía, pero cuya mirada no tardó en aprender a leer, a identificar y a descifrar. Ella decía -y a veces dice todavía- que “repartía refugio”, y se emociona al recordarlo. La he oído también confesar en algunos momentos de nuestra historia común, que no fueron fáciles y que vivimos juntos: “Decidí ser bibliotecaria porque así me aseguraba de que, por muy mal que nos fueran las cosas, aunque faltara el agua caliente o la calefacción, siempre tendríamos un libro en casa”. Ahora, quince años después de su jubilación, soy yo quien le recomienda lecturas. Leemos un libro a la vez y nos juntamos cada quince días a comer y a comentar lo leído, en lo que hemos bautizado como “El club de las 2”, porque intentamos en lo posible que coincida con el día 2 de cada mes, a las 2, y porque somos dos almas lectoras que no tienen freno. Durante estos años de club, ella me ha contado cosas, muchas cosas de su vida en la biblioteca, y desde que la oigo hablar como lo hace sobre su amor por esa vocación, que no decrece a pesar del tiempo, no puedo dejar de maravillarme y de preguntarme cómo definiría yo a una bibliotecaria -o a un bibliotecario- llegado el caso.

Hasta hace unos meses no di con la respuesta.

Fue a raíz de la publicación de "Un hijo", durante una charla en un centro de enseñanza de una capital andaluza. Y fue precisamente gracias a un niño de diez años que, junto con otros 1OO, había leído la novela y quería conocer a su autor. Por motivos de espacio, el acto tuvo lugar en la biblioteca del centro, con un par de profesoras y la encargada de la biblioteca. La charla fue muy intensa, mucho más de lo que yo esperaba, y se alargó. Cuando por fin llegamos al final del turno de preguntas, un niño que estaba sentado en la primera fila levantó la mano.

-A mí lo que más me ha gustado del libro es María -dijo refiriéndose a la orientadora del centro, que es, junto con el pequeño Guille, la protagonista del libro.

Quise saber por qué. El niño, llamado Ismael, se rio un poco y luego, mirando a una de las tres mujeres que estaban junto a la puerta. dijo:

-Porque es igual que la seño Lourdes. -Una de las tres mujeres que estaban junto a la puerta se encogió un poco y negó con la cabeza, incapaz de reprimir una sonrisa. Ismael no había terminado-. Vive en la biblioteca porque si no los libros a lo mejor se van. O se mueren.

Se hizo el silencio en la biblioteca. Nadie se rio. Nadie dijo nada. Fueron segundos llenos de respiraciones contenidas, de tensión y de infancia.

-Es que es bibliotecaria -volvió a hablar Ismael. Y al ver que yo lo miraba sin saber qué decir, debió de entender que necesitaba explicarse mejor, y añadió-: O sea, como Mary Poppins, pero sin alas.

Hoy es un día especial. Celebramos el Día de las Bibliotecas y celebramos también que cientos, miles de Mary Poppins sin alas velan por los libros que las habitan para que no se mueran ni se vayan, e Ismael siga creyendo que la vida está en los libros y su reflejo fuera. Hoy es el día en que, un año más, la magia se renueva y todas las bibliotecarias y bibliotecarios del mundo se saludan con una mirada cómplice y un largo, hermoso y tierno: 

“Supercalifragilísticoespialidoso”.

    Texto: Alejandro Palomas / Ilustración: Manuel Marsol


O CAMIÑO DE SANTIAGO CUMPRE 30 ANOS

Hoxe, 23 de outubro, o Camiño de Santiago de Compostela está de cumpreanos: hai 30 anos que se nomeu como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Este curso, no que queremos centrar os nosos proxectos de investigación sobre o turismo e o patrimonio cultural da nosa comunidade, pensamos que é esta unha noticia a ter en conta, xa que o Camiño de Santiago foi, e segue sendo, a ruta máis antiga, concurrida e celebrada do continente europeo, e unha das maneiras elixidas por moitas persoas para chegar a Galicia.
Hai, ademais, diferentes rutas para facer o Camiño, e mesmo unha prolongación do mesmo que nos leva a Muxía e Fisterra e que pasa polo concello de Mazaricos: As Maroñas, Santa Mariña ou Lago son algunhas das poboacións que atravesan as persoas que realizan esta ruta.




venres, 20 de outubro de 2017

A AULA DE INFANTIL RECIBE UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Mirade de que cousas me vou enterando eu que me enchen de alegría... O xoves, a aula de Infantil recibiu unha visita moi especial: a avoa e o avó de Íker viñeron ao cole para falarnos de Londres. A decisión tomouse tendo en conta varias cousas: por un lado, porque estamos traballando o tema do turismo durante este curso; por outro, porque en Infantil están iniciando a súa investigación a partir do libro "A volta ao mundo en 80 días", de Julio Verne, e parte da acción transcorre na capital inglesa; por outro, porque os avós de Íker viviron en Londres varios anos e podían contarnos moitas cousas. Íker estaba moi ilusionado coa visita, que eu ben llo notaba, e non é para menos, xa que ten uns avós marabillosos aos que queremos agradecer esta tarde que compartiron con nós. Contáronnos moitas cousas de Londres, que seguramente incluiredes no voso proxecto: como chegaron á cidade londinense, en que traballaban, como vivían alí, como se desplazaban pola cidade, os lugares que máis lles gustaban, etc. E cando remataron, entregámoslles un diploma que Íker, coa axuda da profe Patricia, fixeron con moito cariño!!! 
Moitísimas grazas, Manola e Manolo, por adicarnos esta tardiña tan especial!!!

 Os avós de Íker coas rapaciñas e rapaciños de Infantil despois de recibir o diploma que lles entregou o seu neto.

Se premedes AQUÍ podedes ver o resto das fotografías.

mércores, 4 de outubro de 2017

PREMIO PARA ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

https://cadernodacritica.files.wordpress.com/2016/05/xg00253201.jpg
O poeta Antonio García Teijeiro acaba de recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro "Poemar o mar". Antonio García Teijeiro é un dos escritores máis importantes da nosa literatura, con títulos tan recoñecidos como "Cacarabín, cacarabón", "Ventos", "Lueiro de papel", "Ai, canto falan as pombas que falan!" ou "Recendos de aire sonoro", todos eles dispoñibles na nosa biblioteca. 
Dende aquí tamén queremos enviarlle os nosos PARABÉNS!!! É unha alegría enorme que este importante premio sexa a sexta vez que se conceda a un libro escrito en galego, o que me parece un exemplo de que, como di o propio Antonio, a literatura "que se escribe en galego ten unha calidade moi alta e goza de moito recoñecemento fóra".